miércoles, 3 de febrero de 2016

Día da paz 2016

O pasado venres celebramos o Día da Paz 2016. Este ano escollemos o lema  “A paz está nas túas mans”. É por iso polo que debuxamos catro máns xigantes de diferentes cores que simbolizan as de todos nós.
Despois de ler un pequeno manifesto pola paz mundial, os alumnos foron pegando nelas mensaxes e debuxos. Así, xuntando as máns de todos contribuimos a ter un mundo máis pacífico e feliz.

Finalmente, cantamos todos xuntos a canción “Paz, paz, paz” de Juanes formando unha gran roda no patio, para rematar soltando as pombas. 

Aquí vos deixamos o enlace con todas as fotos. Podedes visitalas tamén na sección "fotos" da nosa web
Que viva a PAZ!!!