viernes, 13 de febrero de 2015

Entroido 2015

Hoxe o noso colexio transformouse no famoso e mundialmente coñecido (desde hoxe tamén, claro) "circo San José" para dar comezo a estas festas de Entroido. Pola carpa instalada no noso escenario subiron paiasos, faquires, funambulistas,mimos, acróbatas, mulleres barbudas,  forzudos, homes bala e domadores, a demostrar e facernos disfrutar a todos coas súas  habilidades, coas que rematamos todos abraiados. E despois  da función tomamos todos xuntos postres típicos de Entroido que compartiron os nenos.

Agardamos que o disfrutarades tanto coma nós! Vémonos á volta!













No hay comentarios:

Publicar un comentario