viernes, 30 de enero de 2015

Día da Paz 2015

Hoxe celebramos no noso centro o día da Paz.



Foi un acto que comezou coa lectura dun Manifesto pola Paz, que leu Lidia, unha alumna de Ciclo Formativo: "Queremos sumarnos a todos os actos de denuncia en contra de calquera acto de violencia".
Dicimos: NON á violencia sen excusas. E dicimos SI á PAZ.

Para que así conste, quedará no patio este manifesto para que cada alumno que queira, o suliñe como compromiso.


Houbo un minuto de silencio para reflexionar sobre o que escoitamos e así tomar conciencia de que está a pasar ao noso arredor, e que podemos contribuír a vivir nun mundo mellor.



Despois da lectura, un alumno de cada curso, leu unha mensaxe en representación da súa clase, escrito en pingas de auga, que se foron pegando nun mural compoñendo unha gran onda. 
 



Para rematar o acto todos cantamos a canción “Mensajes del agua” de Macaco, na que  alumnos e profesores participaron .


Este ano non houbo solta de pombas debido ao mal tempo.