martes, 25 de febrero de 2014

VISITA A NAVANTIA de 3º e 4º ESO


O pasado 21 de febreiro o alumnado  de 3º e 4º da ESO visitaron  Navantia Ferrol, un asteleiro con máis de un millón metros cadrados. 

Fomos moi ben recibidos polo xefe de Seguridade Industrial, Evaristo Sanjurjo, e polo seu compañeiro Jorge, que nos atendeu como guía durante todo o noso percorrido.


Despois de poñernos o casco de seguridade obrigatorio no asteleiro, continuamos cun percorrido en autobús por toda a factoría, parándonos na fábrica de turbinas e en todas as gradas, desde a Victoria Eugenia  feita no s. XVII ata os máis modernos que poden albergar grandes navios.

Durante o percorrido polas instalacións, os nosos guías informábannos de asuntos tan importantes como a historia do asteleiro ou o tratamento de refugallos tan minucioso que deben facer. Asemade, tamén nos mostraron as instalacións sanitarias e de bombeiros presentes dentro do asteleiro o cal funciona como unha verdadeira cidade.

Un dos momentos máis interesantes foi a visita ao museo do asteleiro, alí hai unha gran mostra da historia do mesmo, con fotografías que demostran como era o asteleiro ao principio e como foi cambiando co paso do tempo, así como mostras de utensilios que hoxe estarían desfasados e que son verdadeiras xoias históricas.

A última parada foi en EXPONAV, a Exposición Nacional da Construción Naval, albergada no precioso edificio de Herrerías. Fixemos un percorrido no que nos explicaron desde o que era un barco, ata como se montaban os asteleiros, tamén puidemos ver os restos dunha fragata (A Magdalena) do século XVIII, desde este espazo pasamos ao de soldadura e o metal, onde puidemos ver os diferentes tipos de cascos de barco dependendo da época de construción. Pero o que máis lles gustou aos rapaces foi un obradoiro sobre nos mariñeiros que fixeron as delicias dos adolescentes.


E foi deste xeito que esta mañá se nos pasou voando.