jueves, 1 de marzo de 2012

Admisión de alumnos 2012 - 2013


Proceso de admisión de alumnos para as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
 
O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 de marzo ata o día 10 de abril de 2012, ámbolos dous inclusive.

A solicitude terá que realizarse no modelo oficial. Para descargar, pinchar aquí

No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión e, se é o caso, a de cambio de centro educativo (por ser actos de exercizo extraordinario da patria potestade), terá que asinarse polos dous proxenitores, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo. 

Autobaremación

Na solicitude de admisión, na columna “Puntuación” (folla 2), os/as solicitantes deben cubrir os datos numéricos, realizando unha autobaremación.

1. Considerarase como domicilio familiar o habitual de residencia dos representantes legais do alumnado ou, se é o caso, o das alumnas e alumnos maiores de idade ou menores emancipados/as se viven en domicilios distintos daqueles.
O domicilio familiar acreditarase mediante “certificado de empadroamento municipal” no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

Naqueles centros en que haxa máis demanda que oferta de prazas, as direccións dos centros docentes públicos e as/os titulares dos centros privados concertados solicitarán á Xefatura Territorial correspondente que verifique que os datos de identificación fiscal emitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, coinciden cos achegados polo certificado do padrón. 

Excepcionalmente, pode considerarse como domicilio familiar o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida, para tal efecto, polo concello, a partires de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

2. Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible do aforro) da/s correspondente/s declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano
2010. 

Para a aplicación da puntuación deste criterio utilizarase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao ano 2010, que está cifrado en 6.390,13 € anuais, con exclusión das pagas extraordinarias.

Publicación de listaxes: 
Unha vez que realice a baremación das solicitudes, e en todo caso antes do 30 de abril, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, mediante listaxes ordenadas por puntuación, que permanecerán no centro ata o día do inicio do novo curso.

A listaxe provisional poderá ser obxecto de reclamación, no prazo de 5 días hábiles, ante o consello escolar ou ante a titularidade do centro privado concertado, que resolverán no prazo dos cinco días hábiles seguintes, publicando a listaxe definitiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario