sábado, 4 de junio de 2011

VISITA A LUGO

O  pasado venres o 1º ciclo de EP visitou a cidade de Lugo.

Primeiro visitamos os museos de Interpretación da muralla e a Casa Mosaico, para ver como eran as murallas e as casas antigamente na época dos romanos.

Despois foron  visitar O Parque de Bombeiros e alí practicaron coas mangueiras, coa colocación dos cascos, visitaron as instalacións e escoitaron as sereas dos camións de bombeiros. Foi moi divertido!



Despois foron xantar a carón do río Miño e xogar no campo.



Despois fomos pasear pola muralla e visitar a catedral de Lugo. Foi un día moi activo!

José Lois, premiado en el concurso de relatos de Coca-Cola

Este viernes por la tarde nuestro pequeño gran escritor José Lois Vázquez, de 2º de ESO, recibió un premio por haber sido uno de los finalistas del Concurso Coca-Cola de Jóvenes Talentos, Premio de Relato Corto. El acto tuvo lugar en el Teatro Jofre de Ferrol y contó con la presencia de numerosas autoridades. Desde el colegio queremos felicitar a José por haber sido uno de los 42 finalistas gallegos de un concurso que cuenta cada año con miles de participantes y lo animamos a seguir escribiendo no solo para conseguir en el futuro más premios como este, sino para hacernos disfrutar a los demás con sus historias.



 

viernes, 3 de junio de 2011

PIRAGÜISMO CON 1º-2º ESO

Hoxe venres os alumnos/as de 1º e 2º de ESO fixemos unha agradable saída á ría de Ares a practicar piragüismo. Tivemos sorte e disfrutamos dunha mañá estupenda de sol. Fixemos xogos na auga, equilibrios encima das piragüas, xogos de persecución, etc. Pasámolo moi ben, xa pensamos no ano que ven.  Agradecemos ó club Firrete a súa colaboración no préstamo do material e monitores especializados. O luns tócalles os alumnos/as de 3º e 4º de ESO.[gallery link="file" columns="2"]

jueves, 2 de junio de 2011

Viaxe ás illas Cíes


A saída que o segundo e terceiro ciclo de EP realizaron, o pasado 27 de maio, ás illas Cíes resultou un éxito. Todos gozamos co fermoso día  e coa beleza da paisaxe, que este Parque Nacional ofrece aos visitantes.


A viaxe en barco pola ría de Vigo, os roteiros polas illas, o paseo pola praia de limpas e cristalinas augas e as marabillosas vistas, farán inesquecible esta viaxe. Ata outra!!!