lunes, 28 de febrero de 2011

Fiesta de la locura

Durante esta semana estivemos ensaiando o pasodobre eumés "Fiesta de la locura", que hai anos os nosos antergos cantaban cando chegaba o Entroido(data de 1935 e os autores foron Diego Bellas Lamas e Miguel López Torre) .

 Aí  vos vai a letra por  se queredes ensaiala.

FIESTA DE LA LOCURA

Fiesta de la locura

alegre Carnaval.

Chillona algarabía

que acaba por dejar

dos mil gargantas roncas,

mientras en el hogar

esperan impacientes

al ciudadano audaz,

que corre por las calles

sin rumbo ni compás.

Los viejos se hacen cruces

ante escándalo tal,

sin reparar que antaño

hicieron algo igual

Entretanto, alocada ,

sin miedo al que dirán,

la juventud se ríe

y abre de par en par

la puerta a la alegría

que pronto acabará.

Breve imperio de Momo

bullicio sin igual

¡Cuánta ilusión oculta

detrás del antifaz!

Pierrot lanza amoroso

sus versos al azar,

y Colombina teje

un nuevo madrigal.

Fiesta de la locura

Alegre Carnaval

viernes, 25 de febrero de 2011

¿Quen quere freixós?

Os nenos de  6º de EI (5 anos) hoxe, tivemos unha xornada adicada ós freixós.

Primeiro escribimos unha lista cos ingredientes que necesitamos e saímos a mercalos ao supermercado.



Os colocamos nos seus recipientes, os votamos na ola , os mesturamos co batedor



por fin votámolos na freixoeira e coa  axuda dunha profesora dimoslles a volta,



 e..... para o prato.

Invitamos ós nosos compañeiros de 4º  e 5º de EI. Que ben o pasaron!!



Ó final votamoslles azucre e ....................Que fixemos con eles? Os tiramos? Os puxemos no chan? Os recortamos? Os comeu todos unha profe? Os pintamos de cores? Non, non.

Premio ó que sepa o que fixemos cos freixós!

Mmmmmmmm,  que ricos estaban.

jueves, 24 de febrero de 2011

EDUCACIÓN FÍSICA: VISITA XIMNASIO PONTEDEUME

Hoxe os alumnos/as de 3º ESO fomos visitar as instalacións da piscina de Pontedeume, máis concretamente a sala de cardio e a de pesas.
Probamos todas as máquinas e aparatos, e aprendimos moitas cousas referentes o entrenamento da forza e a resistencia, sobre todo as cousas que debemos evitar para non ter lesións.
Agradecemos á dirección da instalación e á monitora da sala de musculación a súa amabilidade e paciencia que tiveron con nos.

jueves, 10 de febrero de 2011

OS NARIGUDOS

¡Vaia narices!! Onte os nenos/as de 2º ciclo EP disfrutamos no teatro Jofre de Ferrol dun espectáculo de monicreques de luva e variñas, salpicado de momentos de humor e cancións en directo, onde se pretende dar a coñecer a importancia da boa comunicación, do compañeirismo, do amor e do respeto mutuo.

¡Aprendemos e disfrutamos!

[slideshow]

miércoles, 9 de febrero de 2011

O HUMOR NA ÓPERA

Os rapaces de 3º ciclo de EP viaxaron, o luns día 7, á Coruña. Despois dun percorrido para coñecer a cidade vella e os seus recunchos, drixíronse ao teatro Colón co fin de asistir a unha representación artística. Tras escoitar tres fragmentos de ópera cómica: "Cossí fan tutte", "Il Barbiere di Siviglia" e "L´Elixir d´Amore", sorprendéronse ao decatarse de que a ópera tamén pode ser divertida. Ao remate participaron acompañando unha coñecida pasaxe da Traviata: "Libiamo".
Para moitos foi a primeira experiencia co marabilloso mundo da ópera.

[slideshow]

lunes, 7 de febrero de 2011

UNHA TITORÍA DIFERENTE

O día catro deste mes, os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unha titoría moi especial; una antigo alumno deste colexio, Efrén Rodríguez , explicoulles o que significa para el o mundo do deporte. Como todos sabían, Efrén xogou desde moi novo no Eume Deportivo de onde pasou a formar parte da familia do Depor.Pero unha grave lesión cambio o seu ascenso deportivo e a súa vida mudou, quizáis para ben, pois gracias aos estudos estase a forxar un futuro.

Efrén animou aos alumnos a continuar practicando deporte, pero sempre tendo o estudo como meta principal, pois a vida cambia nun instante e hai que ter unha base na que apoiarse

viernes, 4 de febrero de 2011

Cinensino

O día 3 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP asistiu á proxección da película "Los niños de Timplebach". Esta película, dentro do programa de Prevención de Cinensino e xunto co caderno de traballo correspondente, puxeron a reflexionar aos rapaces sobre a sociedade e a necesidade de normas  que favorezan a convivencia harmoniosa e pacífica. Recoñecendo que todos temos dereitos pero tamén responsabilidades e recordándolles, que os nosos dereitos non son ilimitados senón que rematan alí onde comezan os dos demais.

Tanto os mestres asistentes coma o alumnado disfrutaron co visionado da citada película.