miércoles, 14 de abril de 2010

Eumeolimpiadas 2010

A última semana de marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria disfrutaron dunhas xornadas escolares adicadas completamente a actividade física: As Eumeolimpiadas 2010.

Aínda que cada curso foi un día diferente houbo actividades comúns como o pentasalto, carreiras de relevos, circuitos de habilidade, etc. Pero en canto ao deporte por equipos cada grupo tivo a súa especialidade, os de 3º practicaron o balonmán-torre, os de 4º xogaron ao fútol, os de 5º atrevéronse co balonmán e, os maiores de 6º, demostraron como xogan ao baloncesto.

Non hai dúbida que foi unha mañana diferente que  compartiron e disfrutaron moitísimo con outros colexios da zona, de feito, xa están a pensar nas Eumeolimpiadas 2011!

¡Que ben o pasamos!

O pasado día 13 de abril os alumnos de EI(4 e 5 anos) e EP(3º e 4º) fomos o teatro para ver a obra "Contos do mundo".

Diversas personaxes de diferentes procedencias explícannos contos do seu pais: culturas que hoxe conviven con nos.Coñecimos contos tradicionais de aquí, de Europa central, da cultura árabe ou de latinoamérica. Historias que nos amosaron que a diferencia pode enriquecernos.

 

Rimos moito, todos e portámons moi ben.

viernes, 9 de abril de 2010

Xa chegou a primavera

Hoxe, día 9 de abril fomos ao paseo marítimo a observar os cambios que se producen o noso redor  coa chegada da nova estación.Xa vimos que as árbores empezan a botar follas, moi tenras; as margaridas silvestres e as primaveras empezan a cubrir a herba e, aínda que non teña nada que ver coa primavera, vimos que de cando en vez o auga do mar desaparece (hoxe a marea estaba baixa).



Tamén nos decatamos de que podiamos sentar nos bancos, porque o sol os quentara e non estaban mollados, de que o paseo estaba moi limpo xa que non había follas no chan como no outono; tamén vimos parrulos, gueivotas e outros paxaros dos que non sabiamos o nome.



Ao final xogamos nos bambáns e non  manchamos de barro a nosa roupa (algo que enfada moito aos maiores) por que  aterra non estaba mollada.Chegamos ao colexio xusto para ir ao recreo, que é o que mais  gústanos.

miércoles, 7 de abril de 2010

EUMEOLIMPIADAS 2010

     Hoxe mércores os alumnos e alumnas de primeiro e segundo da E.S.O. fomos ás Eumeolimpiadas. Como cada ano se celebraron no pavillón "A Casqueira". Participamos nun trimaratón composto de tres deportes: fútbol, baloncesto e balonmán. Tamén tivemos probas de lanzamento de balón, pentasalto, carreiras de relevos e aeróbic.


A experiencia e a convivencia entre os colexios foi moi positiva. Nos encontramos con coñecidos, ex-compañeiros, fixemos novos amigos e amigas...  e todo facendo ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE !!