lunes, 15 de marzo de 2010

Visita a Chelo

O venres día 12 o alumnado do 3º Ciclo de EP realizou unha interesante saída á Aula da Natureza de Chelo. A visita tivo dúas partes , unha explicación sobre o río Mandeo e o seu habitat, que resultou moi didáctica e un roteiro. Despois de tomar o aperitivo emprendemos a camiñata pola beira do río ata chegar a O Bocelo, onde fai anos a xente acudía a tomar as augas sulfurosas que alí manan. Hoxe en día os edificios permanecen moi abandoados.


Algo cansos, pero moi satisfeitos retornamos ao colexio.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CINENSINO

O mércores 10 de marzo, o alumnado de 3º ciclo de EP asistiu á proxección da película “Más allá de los sueños” no local social de Caixa Galicia. É a segunda película que se ofrece dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias deste curso.


O alumnado disfrutou con esta película que estimula a imaxinación e a fantasía, que teñen un papel importante no desenvolvemento da personalidade dos nenos/as.

EL PERIÓDICO EN EL AULA

Coincidiendo con la Semana de la Prensa en la Escuela recibimos en el colegio la visita del delegado de La Voz de Galicia en Ferrol, Carlos Agulló, que nos acercó al día a día del periodismo. Agulló intentó dar respuesta a las inquietudes de los alumnos de la ESO y de 5º y 6º de E.Primaria pertenecientes al programa Prensa-Escuela que todos los cursos pone en marcha La Voz. El periodista ferrolano les habló de las fuentes, de la estructura y la redacción de las noticias y les explicó cómo la organización atractiva de un periódico contribuye a aumentar su número de lectores. El periodista les contó anécdotas y mostró con ejemplos concretos el funcionamiento de una edición local como la que él dirige. A la vez, teniendo como modelo la página web del diario, les mostró cómo la cercanía e inmediatez de la redacción electrónica puede amenazar a largo plazo la prensa en papel. Animó a los niños a leer, a utilizar el periódico como una herramienta más de trabajo y una forma de acercarse a la actualidad. No sabemos si saldrá algún periodista o reportero gráfico de nuestras aulas pero, al menos indagar, no se les da mal. Gracias a Carlos Agulló por dedicarnos su tiempo.

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/03/10/0003_8345092.htm

lunes, 8 de marzo de 2010

Saída a Santiago de Compostela de 3º e 4º da ESO

O día 4 do Marzal os alumnos de 3º e 4º da ESO tiveron unha saída a Santiago de Compostela, onde para comenzar a súa visita fixeron un percorrido polos escenarios de " O lápiz do carpinteiro", onde puideron recrear coa súa imaxinación o que alí acontecía.

Máis tarde  achegáronse  ó Colexio " La Salle" onde tiña lugar a representación de "  A Celestina" , na que un grupo de teatro catalán facía unha versión onde se mesturaban personaxes antigos e outros cun toque de actualidade.

A continuación fixeron unha visita ó " Museo de arte Contemporáneo" onde puideron disfrutar de expresións artísticas actuais así como da arquitectura do edificio, xa que é de grande interés .

Para rematar despois de comer fixeron un tramo do " Camiño de Santiago" dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro onde puideron disfrutar da fermosura da catedral.

lunes, 1 de marzo de 2010

Saída didáctica 1º ciclo de educación primaria

O pasado día 26 de febreiro, o noso alumnado de 1º ciclo de educación primaria, visitou o Teatro de Rosalía, para disfrutar dun concerto didáctico.

A través do mesmo vivenciaron a maxia da música clásica da man da Banda Municipal da Coruña. Fixeron un recorrido por tódolos continentes, recordando a orixe  dos distintos instrumentos. Todo isto acompañado de representacións teatrais e mesmo a participación activa dos nenos e nenas.