miércoles, 27 de octubre de 2010

Xornada DOMUND 2010

Outro ano máis celebrouse a Xornada do DOMUND, este día naceu dentro do outubro Misioneiro, mes que a Igrexa adica as Misións.

O venres, día 22, tivo lugar unha Xornada onde todo o colexio reuniuse no Salón de Actos, para reflexionar e concienciarnos do espírito misioneiro e solidario.

Buscamos o significado que agachan as letras da palabra DOMUND.

Cantamos todos a canción "Alma Misionera"  que deixounos esta mensaxe:
"Señor, llévame donde los hombres necesiten tus palabras e iré cantando, por calles predicando lo bello que es tu amor".

Alumnos de cada curso, desde os pequenos de Infantil ata os maiores de Ciclos, mostraron os demais un cartel coas palabras da mensaxe.

 

 E por último fíxose entrega das "huchas" aos alumnos que foron a postular.

lunes, 18 de octubre de 2010

Saída ao paseo marítimo

Educación Infantil 4º, 5º e 6º xa fixemos a nosa 1ª saida!


Outono.Palábra máxica!



Paseo marítimo, sol, castañas, ourizos(picaban), setas, paxaros,barcos, nubes, follas caidas, árbores  que semellaban cansos de aguantar cas follas e estaban a botalas todas ao chan.



Ponte (un pouco rota), peixes, rio Cobés, xente que miraba pra nos coma si nunca viran un neno " Que bos son estes nenos", chupa-chups, colexio(fogar, doce fogar).


Esta foi a nosa saida a ver os cambios do Outono.


Outro día contamosvos mais cousas.Pra hoxe xa  abonda.  non?