martes, 24 de noviembre de 2009

Concerto Didáctico

O alumnado do 3º Ciclo de Primaria asistiu o día 20 de novembro, no Palacio da Ópera, ao Concerto Didáctico: Familias en acción.

Despois da presentación dos instrumentos polos músicos, estes interpretaron distintas pezas por familias musicais que resultou moi  instrutiva. Remataron con varias interpretacións a cargo de toda a Orquestra Sinfónica, para disfrute dos presentes.

Felicitamos ao noso alumnado polo seu saber estar!

Tras o remate do concerto visitouse a Casa das Ciencias onde observaron e manipularon cos diferentes aparellos.

Pasamos unha boa xornada que esperamos se repita ao longo do curso nas saídas previstas.

3º Ciclo EP

lunes, 23 de noviembre de 2009

Festa dos froitos secos

Na aula de Educación Infantil 5 anos celebrouse a festa dos froitos secos con notable éxito e unha grande afluencia de convidados. Os alumnos de 5 anos trouxeron distintos e abundantes froitos secos que compartiron cos seus compañeiros de 3 e 4 anos. Noces, améndoas, pistachos, cacahuetes, millo tostado, pipas, abelás,... foron algúns dos froitos degustados polos nosos alumnos.

Festa de gran éxito e dende estas liñas damos a nosa felicitación ao seu curso organizador e á súa Señorita.

domingo, 22 de noviembre de 2009

SAÍDA 1º TRIMESTRE 2º CICLO DE E. P.



O xoves, día 19, os nenos/as de 3º e 4º de Primaria disfrutamos da nosa primeira saída este curso. Xa nos tardaba!!

Saímos ás 10 h. do colexio, destino: Alvarella. Alí esperábannos os monitores Jorge e Ana.

Empezamos cunha camiñata ata o Castelo de Andrade, facía un día estupendo. Polo camino fomos coñecendo as setas que íamos atopando, chamounos a atención a “seta pulpo” e agora sabemos que chegou de Australia.

Chegamos ó Castelo de Andrade ou “Castelo da fame”, Jorge contounos a súa historia e varias lendas.

Voltamos para Alvarella algo cansos e con moita fame. Organizados por grupos puxemos a mesa, servimos a comida e … bo proveito! … que rica!!. Despois de comer, xogamos, corremos e disfrutamos.

A seguinte actividade foi recoller herbas aromáticas para facer unas bolsiñas perfumadas. Que ben cheiran!

Tamén aprendemos a elaborar sales de baño, levamos unas poucas para probalas.

Ah! case nos esquecemos de Bobi, un canciño moi cariñoso que nos acompañou todo o día.

jueves, 19 de noviembre de 2009

EDUCACIÓN FÍSICA

Por fin, hoxe  xoves día 19 os alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. fomos realizar a clase de educación física ó paseo marítimo con bicicletas. Tivemos sorte co tempo e disfrutamos dun bo rato.


[gallery link="file" columns="2"]

miércoles, 18 de noviembre de 2009

1º y 2º en "Acepto el reto"

Los alumnos de 1º y 2º ESO asitieron el pasado jueves a la representación de la obra de teatro “Acepto el reto” en el IES Cruceiro Baleares (Culleredo) junto a otros colegios de la provincia.

Desde un instituto de Saturno, Elisa, una estudiante modelo enseña a Berto, estudiante desmotivado; como con ilusión, esfuerzo y cierta organización, todas las metas que se propongan pueden alcanzarse. Berto, ayudado por su compañera y fijándose como meta participar y poder llegar a la final de un concurso de creación de mascotas, aprende que si se quiere, se puede y que a pesar de los fracasos, hay que seguir intentándolo.

La obra pretende que los niños sepan afrontar las dificultades desarrollando su fuerza de voluntad, enseñándoles que sólo con constancia y esfuerzo conseguirán un trabajo bien hecho. ¿Aceptarán ellos el reto?

lunes, 16 de noviembre de 2009

CINENSINO

Dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias, que organiza o Concello de Pontedeume,o alumnado do 3º ciclo de Primaria asistiu á proxección da primeira película:Pérez 2.
Despois de disfrutar coas aventuras de Lucas e o Ratiño Pérez, traballamos a unidade didáctica centrada na importancia da familia, demostrando que a súa unión permite aos membros sentirse seguros, protexidos, queridos e capaces de enfrontar adversidades.
Esperamos seguir disfrutando, ao mesmo tempo que se aumenta a formación persoal,coas próximas proxeccións.

viernes, 13 de noviembre de 2009

"The Sleeping Beauty."

On Wednesday 11th, the students of I.E (betwen 4 and 5 years old) and E.P first cycle (1st e 2nd), carried out a cultural visit to attend the English play “The Sleeping Beauty.”
The performance took place at the Technical U. Crucero Baleares college placed in Culleredo (Burgo), and also attended other schools.
It proved a great experience for the children, so that they were enjoying and singing the songs.


O mércores 11 os estudiantes de  E.I (4 e 5 anos) e o 1º ciclo (1º e 2º de EP) realizou unha saída cultural para asistir á obra de teatro en inglés “ A Bela Durminte”.

Asistiron á representación na Universidade Laboral Crucero Baleares en Culleredo (O Burgo).

Resultou unha gran experiencia para os nenos, que disfrutaron durante toda a representación cantando as cancións.

DSCF3808